A pesares das inclemencias meteorolóxicas que se presaxiaban para o pasado domingo 15 de novembro, unha vintena de veciños da parroquia ribeirense de Carreira (carreiráns entón) visitaron a vila de Betanzos nunha excursión de índole cultural organizada pola Asociación de Veciños.
Finalmente, a outonal climatoloxía non foi impedimento para que disfrutasen dunha agradable xornada na que coñeceron os principales monumentos betanceiros: a praza do Campo, as igrexas de Santiago, Santa María de Azogue, e sobre todo a de San Francisco, na que se asombraron da magnitude do sartego de Fernán Pérez de Andrade “o Bóo”; as casas góticas, a pintoresca rúa da fonte da Unta, ou mesmo tomar un café no que foi a mansión de Juan García Naveira. Outro elemento que lles causou fonda sorpresa foi o lavadoiro de As Cascas.
Logo dunha farturenta comida, a comitiva, acompañada da súa presidenta, Ana Gómez Hermo, paseou polo parque do Pasatempo, abraiados polo labor realizado polos irmáns García Naveira hai máis de 100 anos. Diversas historias e anécdotas relativas á vila brigantina fixeron máis amena unha xornada que todos consideraron de grande interese.
Así o viviron. E así nolo contaron, tal cal, en Certo.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario