21.6.12

Ribeira: entran nos baixos dun edificio da rúa Miguel Rodríguez Bautista para arranxar o saneamento

  • Había un problema de insalubridade e o Concello abreu expediente

 
Ribeira, 21 de xuño de 2012.- O Concello deu no día de hoxe un paso decisivo cara á resolución do problema de insalubridade que, dende hai anos, se rexistra nos baixos do edificio situado na avenida Miguel Rodríguez Bautista, esquina con Mariño de Riveira, na cidade de Santa Uxía: insalubridade derivada de que o sistema saneamento do inmoble non conecta adecuadamente coa rede xeral, senón que verte nos locais comerciais.

Ás 10.30 horas de hoxe, operarios dunha empresa especializada procederon á apertura dos mesmos co obxecto de dar aplicación ás medidas cautelares adoptadas no marco dun expediente aberto polo Concello.

Máis concretamente, estas medidas consisten na instalación dunha rede provisional de evacuación de tubos de PVC colgadas do teito de tal xeito que conecte as tres baixantes do edificio existentes. A rede de saneamento embocará e evacuará á arqueta xeral do inmoble que conecta á rede de sumidoiros pública. Con carácter previo a esta actuación, estase a achicar e eliminar as augas residuais e as feces depositadas nestes locais.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical