Ribeira, 21 de xuño de 2012.- O salón de actos do Conservatorio quedouse pequeno durante a celebración do Concerto de Fin de Curso impartido polos alumnos de Grao Elemental.
Se o pasado martes foi dedicado o concerto aos rapaces da Escola de Música Municipal (de 2 a 7 anos) no día de onte os protagonistas foron medio centro de alumnos e alumnas estudantes dos tres primeiros cursos do Grao Elemental, que estiveron acompañados na súa maioría polos pais e outros familiares ata ateigar o salón.
Todo tipo de instrumentos soaron onte neste recinto, como o saxofón, a viola, a gaita, o clarinete, o piano, a trompeta ou o violín. Ao igual que o pasado martes tamén asistíu ao acto a Concelleira de Educación Dña Mari Carmen Vizcaya. Despois do concerto os rapaces recibiron as cualificacións finais do curso.
O ciclo de actuacións proseguirá esta tarde con outro novo concerto, esta vez a cargo dos alumnos de Grao Profesional. Será a partir das 20 horas e a entrada é libre.
https://twitter.com/Certo/status/215858566521827328 A Garda Civil toma nota dos afectados polas preferentes en Rianxo. Mentres deixen entrar á xente non hai problema... twitter.com/Xoan_Xose/stat… ESTE SAN XOÁN IMOS SALTAR AS CACHARELAS SEN MEDO PORQUE XA ESTAMOS QUEIMADOS ABONDO Ribeira: o concelleiro Francisco Mareque (PSOE) defende a súa tese "Políticas educativas en Galicia" este venres 22 ás 10 no campus sur
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario