- Lage Tuñas cre moi grave que o goberno galego, como xa fixo antes co pazo de Meirás, "ningunee o acordo unánime do Parlamento Galego en marzo de 2010 e sexa cómplice do incumprimento da Lei de Patrimonio Cultural"
- O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage rexistrou hoxe unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia “para esixir o cumprimento dun acordo parlamentario, unánime, no que se instou ao goberno galego a facer cumprir a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e posibilitar a apertura ao público do Pazo Torre de Xunqueiras alomenos catro días ao mes ”.
- ”O Goberno debe facer cumprir a lei de Patrimonio Cultural de Galicia e facilitar a apertura ó conxunto da poboación do Pazo de Torre de Xunqueiras, un Ben de Interese Cultural (BIC) recoñecido dende o ano 1981.” explicou o deputado socialista nunha rolda de prensa no concello da Pobra.
A Pobra do Caramiñal, 21 de xuño de 2012. O deputado e Portavoz da área Institucional do Grupo Socialista; José Manuel Lage, rexistrou hoxe unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia “para esixir o cumprimento dun acordo parlamentario, unánime, no que se instou ao goberno galego a facer cumprir a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e posibilitar a apertura ao público do Pazo Torre de Xunqueiras alomenos catro días ao mes ”.
O acordo alcanzado polo parlamento por unanimidade dos grupos políticos e a proposta do deputado socialista José Manuel Lage, o pasado 11 de marzo do ano 2010, foi o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1) Realizar as accións necesarias para o establecemento do réxime de visitas do pazo Torre de Xunqueiras conforme o establecido na lexislación vixente, buscando o acordo co Concello da Pobra do Caramiñal e co titular ou titulares do pazo.
2) Impulsar un programa de difusión e coñecemento dos bens de interese cultural de Galicia, entre os que se atopa o pazo Torre de Xunqueiras, co obxecto de que o conxunto da poboación galega coñeza e goce do importante patrimonio histórico-artístico do noso país."
Lage Tuñas considera “moi grave” que o goberno galego non cumpla os acordos adoptados polo Parlamento de Galicia e ve “un claro ninguneo” o incumprimento da Xunta, pasados xa dous anos dende o acordo parlamentario, no que os tres grupos políticos (PSdeG-PSOE, PP e BNG) apoiaran unha proposición non de lei presentada polo deputado socialista.
Cabe recordar que este Pazo Torre de Xunqueiras, ubicado no concello de A Pobra do Caramiñal foi declarado monumento histórico artístico o 27 de marzo de 1981, e “na actualidade sigue sen darse cumprimento á lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia, xa que entre outras cousa non está aberto catro días ao mes para a súa visita pública”.
”O Goberno debe facer cumprir a lei de Patrimonio Cultural de Galicia e facilitar a apertura ó conxunto da poboación do Pazo de Torre de Xunqueiras, un Ben de Interese Cultural (BIC) recoñecido dende o ano 1981.” explicou o deputado socialista nunha rolda de prensa hoxe pola mañá no concello da Pobra.
Lage Tuñas recordou que o artigo 26.3 da lei do patrimonio cultural de Galicia di con claridade que “os propietarios, posuidores e demais titulares de bens declarados de interese cultural deberán de facilitar a visita pública ós mesmos nas condicións que se determinen, que en todo caso será gratuíta durante catro días ó mes, en días e horario prefixado. Esto é o que pedimos, que se cumpla a lei”
“Agora o que esiximos é que o goberno galego faga cumprir a lei e cumpla el mesmo o acordo parlamentario xa que ningunha persoa ou familia pode estar ao marxe da lei. Débese facilitar con urxencia a confección dun calendario con datas e horarios prefixados para que os cidadáns coñezan de antemán cando poden visitar este ben de interese cultural tal e como recolle a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.”
Lage Tuñas explicaba que esto “non é un capricho dun grupo político senón un acordo adoptado polo Parlamento, por unanimidade dos lexítimos representantes da soberanía popular galega. As leis deben de cumprirse e o goberno debe velar porque se cumpra a lei e atender os acordos adoptados polo Parlamento”.
O PSdeG recorda que na actualidade estase infrinxindo o deber legal de establecer un réxime de visitas a un inmoble dun inmenso valor histórico e que pola súa catalogación contou co amparo e a axuda do Estado para a súa conservación e restauración.
“É impropio dun réxime democrático que as decisións adoptadas polos representantes lexítimos da cidadanía, elexidos como deputados e deputadas, poidan ser ninguneadas polo poder executivo tal e como está pasando co citado acordo”, afirmou Lage Tuñas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario