Rianxo, 5 de abril de 2011-A programación cultural a desenvolver este fin de semana no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo é a que segue:
- VENRES 8 DE ABRIL. 20.30 h: COLLAGE: espectáculo literario.
Escribir collage foi xogar e ler collage é xogar. Iso é o mellor: non permite que non xogues con el.
A escritora sae de diante do ordenador para enfrontarse aos seus lectores cara a cara.Un espectáculo literario que dura non moito máis de media hora. Esther F. Carrodeguas no papel de sí mesma.Raquel Nogueira como Alicia.E coa colaboración especial de Luis Martinez!!
Durante o espectáculo a autora dramatizará a creación da historia de amor entre Alicia e Alberto. Mais a pequena Alicia non pode ficar calada namentres a escriben, e sairá das letras canto faga falta para protestar, pedir que sucedan cousas interesantes, decepcionarse coa súa escritora, rirse dela ou berrarlle ata se fartar.
- SÁBADO 9 DE ABRIL. 20.30 h: MAXIA SOLIDARIA: gala a prol de INTERMÓN OXFAM.
A Gala está dirixida e coordinada por Alán Golias que tamén fará de presentador xunto con Rodrigo Vegas. Participarán os seguintes ilusionistas:
- Eloy Mateos (Santiago)
- Julián Prieto (A Coruña)
- Oscar Fernández (Vigo)
- Mago Adry (Santiago)
- Pedro Bugarín (Santiago).
Haberá un stand informativo da labor de INTERMÓN OXFAM e sensibilización e apoio á Taxa Robin Hood.
Para poder acceder ao espectáculo hai que mercar unha rifa, dispoñibles a partir das 19.00 h e os fondos destinaranse á Campaña de Emerxencia Sequía en Somalia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario