A piscina, en foto de arquivo
Ribeira, 5 de abril de 2011.- A Concellería de Deportes informa da apertura do Complexo Deportivo da Fieiteira, prevista para o próximo martes día 12 de abril e, con tal motivo, os interesados xa poden anotarse nos cursos de piscina e fitness que estas instalacións acollerán a partir de maio. Estes prazos de inscrición rematan o 18 de abril e, de ser necesario, o día 19 de abril efectuarase un sorteo público (ás 12.00 horas no Auditorio Municipal) para establecer o acceso aos cursos. Esta semana poderanse realizar as inscricións no Auditorio Municipal (oficina de deportes), pero a partir da apertura do complexo estes tramites realizaranse na recepción do complexo. As modalidades nas que se poderán inscribir son as seguintes: cursos piscina iniciación e perfeccionamento [cativos (0-3 anos), benxamín (4-7), escola natación (8-12), xóvenes (12-16) e adultos (a partir de 17 anos)]; outras actividades dirixidas de auga (aquagym, aquastep e aquaerobic) e cursos fitness [ciclismo indoor (spinning), aerobic (para xovenes e adultos), pilates, gap (traballo especifico de abdominais, glúteos e pernas), circuit training e latinos]. MaquinariaEstes días estase equipando de maquinaria a sala fitness,. Unha vez abra a Fieiteira, os usuarios poderán utilizar o material cardiovascular (cintas, elípticas e bicicletas ), estando previsto que na última semana do mes de abril chegue o resto de maquinaria de musculación adquirida. Para non prexudicar os usuarios que veñen utilizando actualmente este servizo de musculación, permanecerá aberto o existente no polideportivo Santa Uxía (en Coroso) ata non completar o equipamento da Fieiteira. Durante o mes de abril e a partir do vindeiro luns o horario do ximnasio de Coroso será de 17.00 a 23.00 de luns a venres e de 09.00 a 14.00 horas os sábados.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario