5.4.11

Lousame: o Concello colga "A Fiestra" cos logros do equipo de goberno, contravindo a reformada Lei Electoral

Media_httpfarm6static_idcsy

Captura de pantalla da web de Lousame

Lousame, 5 de abril de 2011. Na web do Concello de Lousame vese de xeito claro o incumprimento da lei electoral por parte do alcalde, Santiago Freire, pois, como se pode ver na captura de pantalla adxunta, a revista "A Fiestra", que recolle todo o feito polo equipo do PP nesta lexislatura no municipio, foi colgada (Data publicación: 30/03/2011 18:38:13 - REVISTA A FIESTRA) o 30 de marzo ás seis menos dezaoito da tarde. Segundo a nova lei electoral, nada disto se podía facer logo do 28 de marzo.

Media_httpfarm6static_haxan

A revista foi pagada cos impostos de todos os veciños, como se observa ao levar o escudo do concello

A reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (Loreg), que entrou en vigor o pasado 30 de xaneiro, impón restriccións ao Goberno, Xunta, Deputacións e Concellos a partires do día en que se convoquen as eleccións (28 de marzo neste caso) e ata a súa celebración (22 de maio). O texto indica que a partires da convocatoria de eleccións "queda prohibido calquera acto organizado ou financiado, direta ou indiretamente, polos poderes públicos que conteña alusións ás realizacións ou aos logros obtidos ou que utilice imaxes ou expresións coincidentes ou similares ás utilizadas nas súas propias campañas por algunha das entidades políticas concorrentes ás eleccións". A este artigo compleméntao outro que sinala prohibición de "calquera acto de inauguración de obras ou servizos públicos ou proxectos destes sen prexuízo de que ditas obras ou servizos poidan entrar a funcionar en dito periodo".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical