- O da Pobra foi o primeiro concello de Barbanza onde parou na súa peregrinaxe por España adiante
- O vindeiro mércores, 10 de agosto, estará no Concello de Noia, nun acto realizado pola concelleira noiesa de Deportes, Mari Domínguez.
A Pobra, 3 de agosto de 2011. A Copa do Mundo de Fútbol, que logo de tantas decepcións conseguiu gañar o ano pasado a Selección Española en Sudáfrica, chegou onte á casa de cultura "Raquel Fernández Soler" da Pobra, por onde pasaron centos de persoas -pobrenses e foráneos- dende primeira hora da mañá. Estivo tamén o actual alcalde en funcións, Manuel Fontao Lampón, o concelleiro de Deportes e Xuventude, Jesús Dieste Buceta, o presidente do Club Puebla (sic) FC, Luis Lojo Olveira e o secretario do Puebla (sic) FC e directivo da Federación galega de Fútbol, Nelson Barreiro Mouro, este último foi o artifice de que a Copa puidera estar na Pobra tan axiña. Barreiro salientou que é o primeiro concello do Barbanza no que fai a súa parada esta Copa, aínda que non dubida que pasará por máis concellos, de feito xa foi entregada a representantes do Concello de Camariñas. O Concelleiro de Deportes tamén subliñou "o orgulloso que se sinte por poder darlle esta oportunidade aos rapaces e rapazas e non tan novos do noso pobo". Pola tarde a copa estivo no Campo de Fútbol de herba artificial de Cadreche, onde foi recibida polos
futbolistas e patrocinadores dos equipos do Crocha balompé e o Puebla FC.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario