Dodro, 3 de agosto de 2011. O pasado sábado 30 de xullo tivo lugar no Polideportivo o I Festival de Salsa e Ritmos Latinos coa colaboración da escola de baile “El Tomasón”.
Segundo o Concello, "o Festival foi todo un éxito e o público puido ver bailar ós rapaces de Dodro en varias actuacións e a rapaces da escola de baile de Ribeira, así como ós profesores que deleitaron ós presentes cun espectacular baile".
Ó remate a tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Boga, e a concelleira de Xuventude e Familia Maria Fernández entregaron ós rapaces un diploma de participación. Os rapaces terminaron a festa cunha merenda. XII Festa dos Maiores, o domingo 31 de xullo A esta festa acudiron cincocentos maiores do Concello que disfrutaron dun variado programa:
11,30h Recepción
12 a 13h Actuación do Grupo de baile Vai de Roda, de Rianxo
13h Misa solemne
14h Benvida a cargo do alcalde Valentín Alfonsín, a concelleira de Servizos Sociais e tenente de alcalde Marisol Boga e a concelleira de Familia Maria Fernandez
14,30h Xantar
16h a 17,30h Baile a cargo do grupo Glamour
17,30 a 18,30h Actuación do humorista "Paco mi vida"
18,30 a 19,30h Continuación do baile co grupo Glamour Na Benvida a tenente de alcalde e concelleira de Servizos sociais e Igualdade fixo referencia á Festa como "un recoñecemento aos maiores do concello e á experiencia dunha vida" e tivo un agarimo para todos aqueles maiores que por diversos motivos non puideron acudir á festa e unha lembranza moi especial para aquelas persoas que deixaron este mundo de vivos no último ano.
Pola súa parte o alcalde recordou que "os nosos maiores son os que apoian á familia nestes momentos dificiles" e tivo unha lembranza tamén para os emigrantes. A continuación fíxose unha homenaxe á muller e home máis lonxevos que acudiron á festa. A muller, Josefa Sóñora Abuín, é da aldea de Teaio e ten 96 anos. O alcalde fíxo entrega dunha bandexa de prata gravada co texto: "XII Festa dos maiores
Pola experiencia dunha vida
Concello de Dodro 31-7-2011"
O home máis maior foi Gerardo Fernández Casal, da aldea de Lestrobe, con tan só 89 anos (un mozo se o comparamos con Josefa). Fixolle entrega doutra bandexa a concelleira de Familia María Fernández, que cadra que é súa neta. Cada asistente recibiu un agasallo que lle foi entregado á hora do café: un chaveiro gravado por un lado o escudo do concello de Dodro a láser e polo outro lado coa lenda "Concello de Dodro".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario