- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asinou esta mañá co presidente da Fundación Valle-Inclán, Gerardo Fernández Albor -ex presidente da Xunta e tamén aínda presidente da Fundación La Rosaleda; presidente de Honra do Foro de Pensamento e Opinión Galicia Milenio; presidente de Honra do Intergrupo Camino de Santiago no Parlamento Europeo; membro do Consello Consultivo de Galicia e presidente de Honra do Partido Popular de Galicia- un convenio de colaboración para iniciar un conxunto de actividades sobre o escritor
- En virtude deste acordo, por importe de 25.000 euros, a Escola de Teatro Valle-Innova realizará actuacións nas catro provincias galegas; publicarase un libro relacionado coa súa bibliografía; levarase a cabo un audiovisual; ampliarase o fondo bibliográfico e editarase o cuarto número da revista ‘Bradomin’
Santiago, 3 de agosto de 2011.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asinou esta mañá co presidente da Fundación Valle-Inclán e atarefado e multicargo xubilado, Gerardo Fernández Albor, un convenio de colaboración para a realización de actividades relacionadas co escritor. En total, a Consellería destinará 25.000 euros para conmemorar a figura do autor no 75 aniversario do seu pasamento.
En virtude deste acordo, desenvolverase un programa de actividades sobre a figura do escritor, entre as que destacan actuacións da Escola de Teatro Valle-Innova. O obxectivo é que o traballo realizado polos alumnos nos anos de aprendizaxe nesta escola se materialice coa posta en marcha de obras de Valle-Inclán nos concellos das catro provincias galegas. Ademais, publicarase un libro relacionado coa bibliografía do escritor; levarase a cabo un audiovisual titulado Realidade e Ficción en Romance de Lobos; adquiriranse libros de Ramón María del Valle-Inclán en diferentes idiomas e editarase o cuarto número da revista Bradomin.
A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, e a Fundación Valle-Inclán consideran "esencial a posta en marcha destas actividades conxuntas, que permitan desenvolver un programa relacionado coa obra de Ramón del Valle-Inclán". Así, entre estas iniciativas acordouse manter un calendario estable de actuacións da Escola de Teatro Valle-Innova. A fundación que preside Gerardo Fernández Albor pretende que o traballo realizado nos tres anos de aprendizaxe se dea a coñecer coa representación de obras de Valle-Inclán en distintos puntos da xeografía galega, expandindo o seu legado por todos os concellos. De feito, con motivo do 75 aniversario do pasamento de Ramón María del Valle-Inclán neste 2011, a Fundación deseñou un amplo programa de actividades especiais para difundir a figura e a obra do escritor.
Doutra banda, a partir deste convenio publicarase un libro relacionado coa bibliografía de Valle-Inclán, que contará co apoio e colaboración da Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, realizarase un audiovisual que levará por nome Realidade e Ficción en Romance de Lobos. O convenio asinado hoxe tamén contempla a adquisición de libros de Ramón María del Valle-Inclán en diferentes idiomas –alemán, francés, italiano e inglés- e de libros singulares ou primeiras edicións. O obxectivo e crear un fondo bibliográfico valleinclaniano específico. Tarde, mal e a rastroComo está a acontecer coa programación da Cidade da Cultura, a deriva da Consellería de Cultura prosegue: nun país civilizado estes actos -Valle Inclán foi enterrado en Boisaca o 5 de xaneiro de 1936- tiñan que estar previstos antes de que comezase o ano do 75 cabodano de Valle-Inclán, e non improvisar deste xeito en pleno agosto, a tan só catro meses de pechar 2011. E agora que Roberto Varela leva máis de dous anos no seu posto, non lle poderá botar culpas ao goberno anterior.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario