Ribeira, 3 de agosto de 2011. – O alcalde, Manuel Ruiz Rivas, dirixiu onte un escrito ao conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia no que defende a tese das confrarías de Ribeira e de Carreira e Aguiño, en relación coas limitacións previstas sobre a pesca artesanal e marisqueira no entorno de Sálvora como consecuencia da entrada en vigor o vindeiro ano do Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) no Parque Nacional das Illas Atlánticas.
No referido escrito, Ruiz Rivas puxo de releve a importancia destas confrarías e o feito de que Sálvora e os illotes próximos conforman unha das zonas máis importantes para as mesmas, ao posuír algúns dos bancos pesqueiros e marisqueiros máis ricos e produtivos de todo o entorno.
A constitución no ano 2002 do Parque Nacional das Illas Atlánticas có ánimo de protexer o entorno das illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada é, en opinión do alcalde riveirense, “unha magnífica noticia da que todos nos debemos felicitar”, máis matizou que “este logro foi posible grazas, precisamente, ao respecto que secularmente tiveron os nosos pescadores e mariscadores sobre os recursos e as áreas en cuestión”, na conciencia de que a súa subsistencia como traballadores do mar depende dunha óptima conservación desta riqueza”.
Ruiz Rivas manifestou que tanto o Concello como as confrarías afectadas comparten plenamente a vontade de preservar e poñer en valor a illa de Sálvora e o Parque no seu conxunto, pero entenden que estes obxectivos son plenamente compatibles coa actividade pesqueira que alí se desenvolve.
Por estes motivos, Ruiz Rivas solicitou a adopción das medidas oportunas para que a actividade da flota no entorno de Sálvora non se vexa restrinxida polo PRUX.
Relacionadas:
Sálvora: restrinxida a 15 fondeos e 125 persoas
Naufraxio do Santa Isabel e Heroínas de Sálvora: saiu nova edición en rústica
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario