29.2.12

Mar: o Psoe considera "sectario e revisionista" o plan acuícola de Núñez Feijóo

  • A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, critica que non se gastou un so céntimo na acuicultura dos fondos de compensación interterritorial
  • Dixo que a estratexia de Feijóo en Galicia “é o ti vai facendo, e acusouno der asumir o papel de “especulador necesario da costa galega”
  • Preguntou por que non se moveu un só dedo para impulsar as 24 localizacións que quedaron programadas, as 12 empresas, o compromiso de investimento de 350 millóns de euros e a creación dos 2.000 postos de traballo directo que se conseguirían co anterior Plan de Acuicultura
  • Asegura que o alcalde de A Coruña, o popular Carlos Negreira, xa anunciou que descarta piscifactorías en Seiruga, Merexo e Camelle
  • O Psoe di que non é aceptable expropiar terreos para empresas privadas ou empresas acuícolas “porque cando ese proxecto non sexa rendible ao mellor aparecen adosados”
  • Curiosamente, a socialista non se pronunciou sobre o fallo do TSXG que declarou ilegal a piscifactoría de Laxe Brava, en Ribeira, proxectada polo bipartito

Media_httpfarm6static_axafx

As gaiolas de salmón de Muros, amparadas pola Xunta, están a ter unha forte resposta social nestas bisbarras


Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2012. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira sinalou hoxe que a acuicultura é instrumento de futuro para a economía de Galicia. E denuncia que durante os 3 anos de Goberno de Feijoo “non se investiu nin un so euro en acuicultura na nosa Comunidade.” Asevera ademais que non se gastou un so céntimo na acuicultura dos fondos de compensación interterritorial.

Soneira fixo esta afirmación trala comparecencia parlamentaria da Consellería do Mar na que deu conta da estratexia da acuicultura en Galicia. A parlamentaria advertiu que nos centros de investigación de Galicia “estase traballando moito neste campo”. Por iso preguntou cantos proxectos apoiou a Xunta.

A deputada dixo que a estratexia de Feijóo en Galicia “é o ti vai facendo”, e acusouno de asumir o papel de “especulador necesario da costa galega”. Lembrou que o Goberno do PP tivo que legalizar unha empresa de acuicultura que estaba instalada dende fai décadas. Engadiu que "ao único que serve son aos intereses políticos do PP".

Dende o PSdeG-PSOE non están dacordo en que se adquiran terreos da costa en beneficios de promotores privados, e advertiu da modificación que impulsa o Ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete coa Lei de Costas. Denunciou que co Plan do PP “pódese instalar unha empresa acuícola nas Illas Cíes”.

Soneira cuestionouse "por que non se moveu un só dedo para impulsar as 24 localizacións que quedaron programadas, 12 empresas, o compromiso de investimento de 350 millóns de euros e a creación dos 2.000 postos de traballo directo que se conseguirían co anterior Plan de Acuicultura". E insistiu nas súas críticas: “porque nestes 3 anos non se moveu un so dedo para sacar adiante este proxecto?. Nin unha referencia á noticia que demos onte, vía Adega, sobre Laxe Brava, responsabilidade dos socialistas na etapa en que gobernaron a Xunta coaligados co Bng.

Touriñán

Aludiu tamén aos niveis de protección que contempla o novo plan do Goberno de Feijóo, sobre a protección de Cabo Touriñán que é de nivel 4, “é dicir de maior restrición para a instalación de plantas acuícolas”. Subliña que isto demostra que a directiva comunitaria establece unha especial protección nesta zona, e que a posición do PP foi simplemente por oportunismo político”.

Seiruga, Merexo e Camelle

Ademais demandou “criterios obxectivos” para decidir as zonas de instalación en lugar de “criterios oportunistas”, como fai o Goberno de Feijoo. A maiores asegura que o Alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, xa anunciou que descarta piscifactorías en Seiruga, Merexo e Camelle. Por iso neste punto preguntou “que valores medioambientais teñen estas zonas que sexan superiores a outras como Cabo Touriñán?”.

 

Soneira dixo que o PP renuncia a expropiar terreos en Galicia para realizar calquera tipos de obra publica ao servicio da sociedade “ben sexa en Portos, unha infraestrutura hospitalaria ou educativa”. E replica que non é aceptable expropiar terreos para empresas privadas ou empresas acuícolas “porque cando ese proxecto non sexa rendible ao mellor aparecen adosados”, ironizou.

 

Galicia é de todos

 

Demandou á Conselleira, Rosa Quintana, a que presente en sede parlamentaria as miles de alegacións que conta este Plan de Acuicultura. E concluíu: “o sectarismo é un mal compañeiro para Gobernar, porque o país é de todos”.


Onte, en Certo:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical