4.9.12

Barbanza: a mancomunidade Arousa-Norte crea unha bolsa cooperativa para fomentar o autoemprego

  • A través da Oficina de Fomento do Cooperativismo

Media_httparousanorte_eifjj

Cabeceira do blog no que se pode ver esta iniciativa

Barbanza, 4 de setembro de 2012. A Mancomunidade de municipios Arousa norte conta dende inicios do mes pasado cunha oficina de fomento cooperativo, na que se traballa co fin de divulgar os valores cooperativos e concienciar á sociedade dos seus beneficios, promover o cooperativismo na comarca e dar soporte e apoio a aqueles proxectos cooperativos emerxentes. 

      Un dos medios empregados para difundir o cooperativismo é o blogue de emprego de Arousa Norte, no que se ofrece información, novas de actualidade e formación nesta materia, entre outras.  

Compartir idea de negocio e riscos

      A Oficina de Fomento Cooperativo asegura que "a idea de emprendemento resulta moi atractiva, pero pode ser que resulte inviable debido á falla de recursos, de preparación, ou no caso do cooperativismo, de persoas coas que iniciarse no mundo empresarial, coas que se comparta formación, experiencia ou un proxecto de negocio, e incluso riscos.  É ésta razón pola cal, co fin de divulgar o cooperativismo na comarca do Barbanza e fomentar a economía social e a creación de emprego a través da fórmula cooperativa, a Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade elaborou unhas bases de participación para unha BOLSA COOPERATIVA na que se poderán apuntar todas aquelas persoas que estean buscando socios para o seu proxecto cooperativo ou que queiran ofrecerse para formar parte doutros proxectos que xa estean en camiño. A idea é poñer en contacto a dúas ou máis persoas descoñecidas entre sí, pero que compartan unha idea de negocio, formación ou experiencia profesional, e así poidan materializar a creación da súa empresa e o seu propio posto de traballo, compartindo os riscos que isto supón". 

      Poden obterse as bases da Bolsa Cooperativa, así como o formulario de participación, a través do blogue de emprego de Arousa Norte, arousanortemprego.wordpress.com, no apartado de Fomento Cooperativo, ou ben accedendo directamente neste enlace: 

http://arousanortemprego.wordpress.com/fomento-do-cooperativismo/bolsa-cooperativa/ 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical