- No acto de Altofalante en Ribeira participaron Quico Cadaval, Carlos Callón e Santiago Páramo
- Na homenaxe institucional da Xunta estiveron o dodrense Anxo Angueira, como presidente da Fundación Rosalía de Castro, e o alcaldes de Rianxo, Adolfo Muíños, e de Dodro, Valentín Alfonsín
Acto institucional da Xunta en PadrónHomenaxe dos 150 anos de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, co profesor X. Alonso Montero en Noia twitter.com/Barbantia/stat…
— A.C. BARBANTIA (@Barbantia) February 23, 2013
O alcalde de Vigo, o de Padrón, o conselleiro Jesús Vázquez e Anxo Angueira O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou na celebración do acto institucional conmemorativo do 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a importancia do recoñecemento colectivo que Galicia brinda á obra e á figura rosaliana. Coa alborada celebrada no Día de Rosalía na Casa da Matanza (Padrón) comezaron os actos de celebración dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, organizados –co apoio do Goberno galego e outras entidades– pola Fundación Rosalía de Castro, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo.
No acto participaron ademais os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente; así como o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, o alcalde de Santiago, Ángel Currás Fernández, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, o director do Centro de Estudos Rosalianos, Xesús Alonso Montero, o reitor da Universidade de Vigo, a vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, Salustiano Mato, o deputado da Xunta de Goberno da Deputación da Coruña, Santiago Amor, o presidente do Pen Club de Galicia, Luís González Tosar, o presidente da Asociación de Editores, Manuel Bragado, o director xeral da Fundación Barrié, Javier López Martínez, o vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia, Antón Pedreira, e a tesoureira da Asociación Internacional de Estudos Galegos, Elisa Fernández Rey.
O Día de Rosalía comezou cunha ofrenda floral ao pé do monumento que lembra onde naceu a escritora, na praza de Vigo, en Santiago de Compostela. Ademais, e por iniciativa conxunta coa Asociación de Gaiteiros Galegos, gaiteiras e gaiteiros de toda Galicia interpretaron unha “Alborada para Rosalía” en diferentes puntos do territorio galego.
Esta peza tamén se interpretou na Casa da Matanza onde se proxectaron tamén imaxes das alboradas realizadas esta mañá ao longo e ancho do país. Neste acto na casa de Rosalía en Padrón, ademais do conselleiro, personalidades de distintas institucións culturais, sociais e políticas de Galicia recitaron versos de Cantares Gallegos na honra da poetisa. Xesús Vázquez Abad pechou a súa intervención afirmando que “hoxe celebramos o grande exemplo de Rosalía, a extraordinaria dimensión do seu legado e, como ela moi probablemente desexaría, a confianza nunha Galicia que constrúe o seu futuro.”
Jesús Vázquez con Anxo Angueira
Melloras na Casa da Matanza
Coincidindo co final deste ano conmemorativo está prevista para o mes de decembro a reinauguración da Casa da Matanza, tras as obras de mellora, conservación e accesibilidade realizadas, ás que a Consellería de Cultura e Educación destinou 200.000 euros con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.
Deste xeito a Fundación ten previsto levar a cabo unha modernización dos contidos e do perfil da Casa-Museo´, así como incorporar novas tecnoloxías audiovisuais e novos servizos para os e as visitantes da casa na que Rosalía de Castro pasou os derradeiros anos da súa vida
150 aniversario de Cantares Gallegos
Un dos eixos centrais deste ano conmemorativo será a exposición ‘O Cantar dos cantares’, que se organizará co patrocinio da Xunta de Galicia e o Concello de Vigo e coa colaboración do Consorcio da Zona Franca de Vigo.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Educación, impulsará nos vindeiros meses un completo programa de actividades en colaboración con diversas institucións e entidades culturais, co obxectivo de facer partícipe a toda a cidadanía galega desta celebración.
Galicia Confidencial :: 70 alboradas para honrar a Rosalía galiciaconfidencial.com/nova/13367.html
— Fundación Rosalía (@FundRosalia) February 25, 2013
O venres pasado:
Homenaxe a Rosalía en Ribeira: nove colexios leron os seus poemas
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario