Rianxo, 22 de novembro de 2010. Varios veciños de Rianxo veñen queixándose do que consideran "reparto de entradas totalmente arbitrario e amañado" para as actividades e espectáculos que se ofrecen no auditorio municipal. A pinga que colmou o vaso chegoulle a Óscar Reboiras este sábado pasado, o 20 de novembro, coa actuación do mago rianxeiro Alán Golias.
Adícalle a este caso unha entrada enteira no seu interesantísimo blog fotográfico, Fotos de Rianxo, xa que considera que "non é lóxico que haxa 300 prazas de capacidade no auditorio, indiquen que se comecen a repartir ás 19:30 horas e unha vez que chegas alí a esa hora non haxa ningunha. Non é tampouco a primeira vez que pasa, xa que varios veciños me comentaron que non hai moito houbo unha obra de teatro con catro funcións e pasou practicamente o mesmo: mentres que algúns veciños non puideron ir nin unha soa vez, outros tiveron entradas para os catro pases".Poden ler a entrada completa aquíE se vostede non foi á actuación do mago Golias, pode ver un anaquiño xa na Rede, subido a Youtube por Xensboy, alias do escritor Ramón Torrado, colaborador de Certo:
Na información do vídeo, Xensboy comenta: "Só gravei unha pequena parte do seu extraordinario espectáculo para non desvelar nada. Pola miña parte, de xeito amistoso, só lle ofrezo a Alán tres consellos ou opinións: pode prolongar un pouco menos a parte dos naipes, ter un micro para a xente do público cando ten que dicir algo, e respectar sempre a estes invitados. Alán ten un humor moi simpático e atrevido (dúas veces me tocou que fora á miña costa) que por intres é subido de ton - os magos tamén teñen hormonas!"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario