
sinalou a concelleira nacionalista Victoria Rei, responsable das políticas de Igualdade no concello de Dodro.Durante toda a semana, entre o 22 e o 26 de novembro estará colgada nos balcóns da Casa do Concello, como xa é tradición nos últimos anos, aa pancarta co lema “O concello de Dodro pola igualdade, contra a violencia machista”, como parte visible da declaración institucional contra a violencia machista. O día 26 de novembro, venres, farase a presentación da publicación en papel do II Plan de Igualdade para o concello de Dodro, que inclúe 200 exemplares do documento e 1200 dípticos de difusión. Como xa se informou no seu día, este documento foi elaborado ao abeiro dunha subvención da Deputación, coa finalidade de traballar pola igualdade durante todo o ano e en todas as áreas, como a mellor forma de combatir a violencia de xénero: promovendo a igualdade. Segundo a concelleira Victoria Rei, “este é o compromiso do BNG no goberno local, e así se recolle neste plan”. Tamén o venres, haberá unha actuación do grupo “Chévere”, ás 11,30 horas, no colexio Eusebio Lorenzo Baleirón para o alumnado de secundaria coa conferencia-espectáculo “Os Dildos, making off de xénero”, representando fragmentos das obras “Ser home por un día” e “Testosterona”. Trátase dun novo formato de traballar os contidos relacionados coa muller, a identidade ou o xénero. “Así sumamos a esta compañía de teatro de prestixiosos profesionais na concienciación da xente máis nova do concello que teñen o futuro nas súas mans. Queremos que sexa un futuro en igualdade, por eso é preciso traballar con mozos e mozas que aínda non iniciaron ou están iniciando as súas relacións”, explicou Victoria Rei.

Concentración en Padrón do ano pasadoO domingo, 28 de novembro, será o día da concentración na praza De Macías en Padrón, como xa vén sendo tradicional, e que está convocada polos tres concellos da comarca do Sar: Dodro, Rois e Padrón. A tenenta de alcalde e concelleira do BNG, Victoria Rei, anima á poboación a sumarse a esta concentración. O ano pasado, en Certo:
Rematou a Semana contra a Violencia de Xénero
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario