O pistoletazo de saída deuno un orixinal “photocall” preparado para a ocasión con palabras que evocan bos desexos para o aninovo, e polo cal foron pasando todas as persoas que ían chegando ao lugar de celebración a partir das cinco da tarde.
Posteriormente deu comezo a gala dirixida por un Xosé Ramón Gayoso, asombrosamente remocicado, e que foi presentando a tódolos convidados a este evento. Por alí pasaron estrelas da música española como Lucía Pérez e Isabel Pantoja, e persoaxes destacados do mundo do lixo televisivo, como Jorge Javier Vázquez e Belén Esteban.
Trala actuación dos imitadores, non faltaron o baile e as doce uvas da sorte, con badaladas incluídas que foron retransmitidas dende unha tele xigante preparada para a ocasión. A festa rematou cara ás dez da noite despois de recibir a visita do “Apalpador” (figura mítica das zonas do este de Galicia que segundo a tradición na noite do 24 ou 31 de decembro baixa a tocar o ventre dos nenos, por ver se están ben mantidos, deixándolles unha chea de castañas, ou agasallos e desexándolles que teñan un aninovo cheo de felicidade e comida). O Apalpador boirense foi repartindo agasallos e caramelos a tódolos asistentes, un por un.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario