7.11.11

Ribeira: novo ciclo de "Ponte a andar". Este domingo 13, camiñata en Porto do SonTA DE SENDEIRISMO POLAS FURNAS E RÍO SIEIRA

Ponte-a-andar-2011


Ribeira, 7 de novembro de 2011. Este domingo día 13 de novembro principiará unha nova edición do ciclo de andainas Ponte Andar, unha iniciativa promovida conxuntamente pola Cofradía da Dorna e o Concello de Ribeira.  

A primeira das rutas de sendeirismo programadas terá lugar na data indicada, en horario de saída ás 10 da mañá e chegada estimada ás 12 do mediodía. Partirá do colexio de Xuño (Cámping Frafa Balada) e despois de descorrer polas praias das Furnas, Río Sieira e  O Lago regresará ao punto de partida, completando unha distancia aproximada de 10 quilómetros. 

A ruta descorre toda pola costa cun perfil practicamente chan, e moi asumible, polo que se cualifica coma de "dificultade baixa".

A inscrición é libre e gratuíta. Non fai falla anotarse en ningún sitio, aínda que se agradece que se notifique a asistencia á dirección corgo@cofradiadadorma.com.

Os únicos requisitos que se piden é:

  • Puntualidade na hora da saída e no lugar que se indica en cada ruta.
  • Roupa e calzado cómodo e apto para o tipo de actividade que se vai levar a cabo.
  • Algo de beber para o camiño, ou un recipiente no que poder portar líquido.
  • E, por suposto, atende-las instrucións dos monitores en cada ruta.

A ter en conta que:

  • Os nenos e menores de 16 anos deben ir acompañados dos pais ou titores que se farán responsables deles e lle notificarán ós monitores cal é o adulto que os tutela.
  • Non se permiten animais de compañía.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical