Adro da igrexa de ArgaloNoia, 10 de maio de 2011. As Festas de Santa Rita cadran este ano en Argalo na fin de semana do 20 ao 22 de maio. O venres 20 haberá verbena coas orquestras Capitol e Philadelphia.
O sábado 21 teñen programado un "juateque light deluxe". Haberá actuacións dependendo do animada que estea a xente -non todo vai ser ir aos mitins!)
O Páramo, co campo de fútbol á dereitaO domingo 22, sesión vermú con petiscos e inchables para os pequenos, cun grupo musical amenizando. Pola tarde, fútbol no Páramo e 2º Campionato de Lanzamento de Sacho. A organización advirte que hai rifas á venta para os que queiran colaborar. Sortean un televexo de plasma de 32 polgadas doada por unha casa de electrodomésticos de Noia. O anuncio en Facebook, por se queredes difundilo, que non se ve todos os días un certame de lanzamento de sacho!!!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario