Lousame, 11 de maio de 2011. A Banda Municipal de Música de Lousame, xunto coa Concellería de Cultura do Concello de Lousame, organiza o día 17 de maio ás 5 da tarde unha homenaxe ao eminente musicólogo, vinculado a este concello, José López Calo. O acto celebrarase na Casa da Cultura de Portobravo e irá seguido dun concerto ás 6 e media da tarde na Praza do Concello a cargo da Banda de Música de Padrón e rematará coa actuación da Banda Municipal de Música de Lousame.
Quen é López Calo?
José López Calo é unha figura clave no estudio e análise da música a nivel español. De formación eclesiástica titulouse en Musicoloxía no Pontificio Instituto de Música Sagrada de Roma e é Catedrático de Historia da Música na Universidade de Santiago de Compostela. Ten escrito máis de 60 libros de musicoloxía e artigos nas principais revistas de musicoloxía del mundo, así como en enciclopedias e nos principais diccionarios de música do mundo. Atesora numerosas distincións entre as que destacan o seu nomeamento como Académico Numerario da Real Academia Galega de Belas Artes e da Real Academia das Artes de San Fernando. Ten a Medalla de Ouro ó Mérito das Belas Artes, que S. M. el Rey lle impuxo en maio de 1989. En 2002 a Xunta de Galicia outorgoullele o Premio das Letras e Artes de Galicia. Nacido en Nebra (Porto do Son), pasou a súa infancia no Concello de Lousame, onde aínda reside parte da súa familia na parroquia de Vilacoba.
No acto de homenaxe falarase da súa figura, proxectarase un video e inaugurarase unha exposición con parte dos seus traballos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario