Para poder asistir á proba, que é no monte de San Alberte, hai que pagar 6 euros
O circuíto onde se celebrará o evento foi totalmente remodelado: unha actuación que xa conta co visto bo da Federación Galega. Santos Rego cualificou ao novo circuíto de espectacular, ao par que asequible para todos os niveis.
Os adestramentos terán lugar pola mañá a partir das 11 horas e as carreiras darán comezo ás 17 horas. Haberá 6 categorías: alevín, promesas, promoción, juniors, veteranos e senior.
Entre os pilotos que participarán na proba, Santos Rego destacou a presenza de dous membros do Motoclub Ribeira School: Iván Vidal e José Ramón Santos. Este último conta con aspiracións para conquistar o campionato galego na categoría promoción.
Outros pilotos que xa confirmaron a súa participación na proba son Ismael Veiga, Marc Márquez, Abel Bernárdez, Angel Suárez ou o rapaz Jorge Pardo, que aínda que por idade (dez anos) debería competir na categoría alevín reúne calidade para facelo en promesas. En canto ao campión galego Adrián Garrido, é dúbida dado que sufre unha lesión no tabique nasal.
Motocross o 24 de setembro en Ribeira tamén
No transcurso da presentación, Manuel Santos Rego anunciou que o municipio de Ribeira vai acoller o 24 de setembro o Campionato Galego de Motocross, o que demostra o gran momento que está a vivir este deporte no concello barbanzán.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario