Ribeira, 15 de setembro de 2010. O vindeiro sábado 18 de setembro, ás doce e media do mediodía, levarase a cabo a presentación oficial das categorías base do Sálvora C.F na Praza do Concello, onde máis de 110 rapaces farán a súa posta de longo oficial co equipo da capital do Barbanza.
As categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil serán as encargadas de representar nas diferentes ligas federadas a este club que ano a ano demostra a súa implicación e bo facer no fútbol base. Os infantís, que comezarán a rodar o 23 de outubro na segunda autonómica infantil, serán dirixidos por Artola e Fernando.
Coma novidade este ano na categoría Alevín os salvoristas saltarán a escea o 2 de outubro con tres equipos na primeira autonómica de fútbol sete, os adestradores serán Dani García e Luís Martínez no Alevín A, José García no Alevín B e Álvaro Fernández no Alevín C.
Na categoría Benxamín mantéñense os dous bloques da tempada pasada o Benxamín A estará dirixido por Siño e o Benxamín B por Dani Coira. Na categoría prebenxamín contamos con 2 equipos que comezarán a súa competición a partir do mes de xaneiro, de xeito que Suso adestrará ó Prebenxamín A e Anxo Orellán ó Prebenxamín B.
Á marxe da competición oficial o Sálvora tamén volta a realizar para esta vindeira tempada no fútbol base a Escola de Fútbol e que este ano está dirixida a rapaces nados nos anos 2003, 2004 e 2005. O encargado de levar a diante as clases será José Manuel Mosquera, sendo os días elixidos os luns e os xoves no pavillón do CEIP o Grupo.
Para máis información: www.salvoracf.blogpost.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario