Ribeira, 15 de setembro de 2010. Cadrando co inicio co curso escolar, o Concello, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística retoma a celebración do curso sobre Aproximación á Cultura Galega dirixido ao colectivo inmigrante.
Baixo o título “Vivimos en Galicia” e cunha frecuencia semanal, as clases que integran o curso están dirixidas ás persoas inmigrantes adultas do noso contorno que desexen, primeiramente, obter un nivel básico de formación en lingua galega (o que fai a esta acción unha actividade sumamente axeitada se se quere aspirar a conseguir no futuro a pertinente titulación oficial). Tamén é unha iniciativa adecuada para aproximarse á realidade da nosa Comunidade desde o punto de vista do seu territorio, a súa administración, o seu patrimonio cultural, etc...
A presentación do curso terá lugar o día 29 de setembro, ás 10.30 horas, no Auditorio Municipal. O ciclo formativo prolongarase ata o 22 de decembro.
Esta acción é posible grazas á colaboración entre o IES Número 1 (departamento de Ensino de Adultos, oferta de Aprendizaxe de Lingua Estranxeira) e o Concello (a través da Concellería de Educación e do Servizo de Normalización Lingüística). As sesións impartiranse nunha aula do Conservatorio Municipal todos os mércores entre 10.30 e 11.30 horas.
As clases, nun aula do conservatorio, os mércores
Os inmigrantes maiores de 16 anos que desexen anotarse ou recibir máis información poden acudir ao Servizo de Normalización Lingüística de Ribeira, ubicado na Casa Consistorial. Tamén poden poñerse en contacto a través do número de teléfono 981835417 ou do correo electrónico normalizacion@riveira.com.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario