Boiro, 13 de agosto de 2010. A asociación Curro da Graña organiza, coa colaboración do Concello de Boiro, a terceira edición do Curro da Graña, na parroquia de Cures, que se celebrará este domingo, día 15 de agosto, durante todo o día. As actividades comezarán ás 09.00 horas, coa baixada e encerro das bestas. A partir das 12.00 horas, terá lugar unha mexilloada e sardiñada que se poderán degustar de maneira gratuíta. Pola tarde, ás 16.00 horas, comezará o marcado e a rapa dos animais, e ás 18.30 horas, as carreiras de cabalos, nas modalidades de “país”, “cruce de país”, “cruce de inglés”, “pura sangre inglés”. Repartiranse 2.150 euros en premios, ademais dos trofeos, aos gañadores. O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, ten previsto asistir ás carreiras, ás 18.30 horas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario