13.8.10

Deportes: os nadadores Rufino Regueira e Iván Sampedro, do C.N. Riveira, subvencionados con 4.034 euros cada un

Ribeira, 13 de agosto de 2010. A Fundación Deporte Galego resolveu o pasado 6 de agosto e fixo pública hoxe a convocatoria do programa específico de axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel polo que concedeu 206 axudas por un importe total de 500.000 euros. As bases da convocatoria prevían unha dotación orzamentaria inicial de 400.000 euros pero dado o grande incremento de solicitudes, a Fundación aprobou un incremento de 100.000 euros. Entre os beneficiarios están os nadadores do Club Natación Riveira Iván Brión e Rufino Regueira, que acada cada un 4.034 euros, a terceira axuda de maior cuantía das concedidas.

Esta resolución efectúase segundo os criterios establecidos nas bases da convocatoria do programa específico de axudas para Deportistas galegos/as de Alto Nivel, cuxo anuncio foi publicado no Diario oficial de Galicia o día 15 de abril de 2010. Notificada a resolución definitiva, os/as beneficiarios/as dispoñen dun prazo de dez días naturais para a súa aceptación ou para presentar a súa renuncia, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada.

No caso de que as axudas outorgadas non sexan aceptadas polos/as beneficiarios/as ou que posteriormente á súa concesión se renuncie a elas, o órgano instructor poderá formular proposta de resolución complementaria, adxudicando o importe dispoñible entre as solicitudes valoradas pola Comisión que tiveron prorrateo.

Contra a resolución poden interporse reclamacións perante o órgano de adxudicación, no prazo máximo de 10 días hábiles a contar desde a publicación da lista de beneficiarios/as das axudas no taboleiro de anuncios da Fundación e na páxina web www.deportegalego.es, con carácter previo á vía xudicial.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical