Un dos sinais atrapaturistas de Arousa Norte na Pobra
A portavoz do Psoe, Teresa García Guillán, sinala que "cando a totalidade da oposición presentou escritos solicitándolle o aprazamento do Pleno ordinario con motivo da folga xeral do 29 de marzo de 2012 por ser unha medida respectuosa co dereito á folga e por facilitar o seu exercicio aos empregados municipais que así o desexaran, este non foi motivo abondo para que o Alcalde aprazara o Pleno ordinario pero si é motivo suficiente para o aprazamento, a Feira de Fitur, na que as excelencias da comarca se poden representar igualmente, sen que se bote de menos ao Alcalde da Pobra".
A voceira socialista faille ademais, unha batería de cuestións ao alcalde:
- Cantos días vai a estar representando a comarca en FITUR?
- Vai ser con cargo aos orzamentos do Concello?
- O aloxamento: cantas estrelas vai a ter o hotel onde pernocte?
- Acompáñao algún membro do goberno ou persoal de confianza?
- Se o acompañan: será con cargo aos orzamentos do concello?
Teresa García cre que "en aras da austeridade que predica o PP e da transparencia que debe rexer nas Administracións Públicas sería estupendo que dera conta de todo isto aos veciños".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario