23.1.13

Sociedade: "Stop Desafiuzamentos" pasaralle ao Instituto da Vivenda os datos das familias desafiuzadas que agochan os bancos

  • En Barbanza non hai ningunha vivenda de promoción pública libre
  • O director xeral do IGVS comprometeuse a realoxar ou reubicar a toda canta familia se atope en situación precaria por este motivo

O IGVS está en Fontiñas, próximo aos xulgados de Compostela

Barbanza, 23 de xaneiro de 2013. Onte pola mañá mantiveron unha xuntanza tres membros da Plataforma "Stop Desafiuzamentos" do Barbanza co Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Antonio José Boné Pina, no seu despacho de Fontiñas, en Santiago. Os membros da Plataforma transmitiron a preocupación sobre o importante número de familias que están inmersos en procedementos de desafiuzamentos, tanto na Comarca do Barbanza coma no resto de Galicia, e que poden quedar na rúa durante os vindeiros meses. O Director Xeral do I.G.V.S pasou a informar sobre o programa de realoxo de colectivos afectados por execucións hipotecarias que favorece a reubicación das familias en vivendas de promoción pública ou ben a través da adxudicación de viviendas en alugueiro do "Programa Aluga" nos casos en que non se dispoña de vivendas de promoción pública, como acontece na bisbarra do Barbanza donde, actualmente, non hai ningunha vivenda de promoción pública libre.

 
O Director Xeral transmiteu, os membros da Plataforma, o seu compromiso de que non quede ningunha familia, sen recursos ou en situación de desafiuzamento, sen o dereito a unha vivenda axeitada. Para iso pediu a colaboración da Plataforma sobre a información do número de familias que están a vivir esta situación, ante a falla de datos oficiais que son, sistematicamente, negados polas propias entidades financeiras.
  

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical