- Dentro do ciclo de Cine Infantil e educación en valores, este venres 25 de xaneiro proxectarase a película “Vecinos Invasores”. Como sempre a sesión será ás 17 h na Casa da Cultura. Despois do visionado da película haberá un obradoiro relacionado coa temática.
ENTROIDO:
O Concello de Dodro organiza para o Entroido 2013 diversas actividades.
Entre elas, o ENTROIDO CULTURAL os días 11 e 12 de febreiro para nenos/as de 5 a 14 anos e favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.
Os cativ@s de Dodro terán un obradoiro de disfraces no que confeccionarán eles mesmos os seus disfraces, un taller de creación de máscaras e maquillaxe e a Festa do Meco.
Os obradoiros realizaranse na Casa da Cultura do Concello de 11h a 13,30h. A actividade é gratuíta e poden realizarse as inscricións ata o 7 de febreiro.
Por outra banda, este ano dentro das actividades do Entroido organizase un Concurso de Disfraces que terá lugar o sábado día 9 de febreiro na Paxareira ás 17 h.
O concurso consta de 4 categorías, infantil (dividida en infantil de 0 a 6 anos e de 7 a 12 anos), xuvenil, adulto e grupos (dividida en dúas categorías, xuvenil e adultos).
As bases do concurso pódense ver na web do Concello ou no taboleiro da Casa da Cultura.
Establécense 4 premios na categoría infantil consistentes en lotes sorpresa e entradas de cine, 2 na categoría xuvenil consistentes en entradas de cine, 2 na categoría de adultos consistentes en 2 fins de semana nunha casa rural e 1 na categoría de grupos xuvenil consistente en unha xornada na boleira con merenda e 1 na categoría de grupos adultos consistente nunha cea nun restaurante da zona.
Todos os que queiran participar deberán inscribirse ata o día 6 de febreiro na Casa da Cultura do Concello. Valorarase non soamente o disfrace, senón tamén contarán a orixinalidade, o desenfado, e a animación dos concursantes.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario