23.9.11

Noia: solicitan que se modifique o planeamento en Manle, na parroquia de Santa Cristina de Barro

  • Co obxecto de poder construír un local social para a veciñanza

Noia, 23 de setembro de 2011. Segundo informa o concelleiro de Urbanismo, o nacionalista Bieito González, están a traballar na elaboración do expediente de modificación puntual das actuais Normas Subsidiarias de planeamento municipal no lugar de Manle, na parroquia de Santa Cristina de Barro.

Nunha xuntanza mantida o pasado mes de febreiro, entre a Xunta de Voceiros do Concello de Noia e a Directiva da Asociación de Veciños, chegouse ao compromiso de dotar ao citado lugar dun local social. Naquel encontro constatouse que os terrenos dispoñibles para a ubicación do citado equipamento colectivo tiñan a consideración de solo rústico, en consecuencia, non aptos para o emplazamento da demanda formulada polos veciños.

"Este compromiso é  o que agora se trata de materializar mediante a modificación puntual do planeamento urbanístico en vigor. A área obxeto de modificación ten unha superficie total de 2.484 metros cadrados, e como xa dixemos a súa cualificación urbanística é a de solo rústico común, é decir, sin ningún tipo de protección especial. A parcela en cuestión é propiedade municipal e sobre parte da mesma xa se actuou no pasado construindo nela unha zona de esparcimento e que tamén actúa como mirador das vistas sobre a ría", explica o concelleiro de Urbanismo noiés.

A modificación puntual calificará a parcela como de equipamento colectivo, sendo de aplicación a ordenanza número 7, no apartado correspondente ao socio-cultural, no que teñen cabida: casas de cultura, bibliotecas, museos, salas de reunión e polivalentes, filmotecas e semellantes. A modificación puntual proposta será a número 13, desde que entraron en vigor as Normas Subsidiarias de planeamento municipal, no mes de xaneiro do ano 1991.


 


11091310490.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical