- Situados na praza "8 de Marzo" e de 112 metros cadrados cada un, para contribuír ao labor solidario que realizan ambas asociacións
Ribeira, 23 de setembro de 2011.- O Concello está dando remate aos trámites preceptivos para entregar en cesión dous pisos tutelados ás asociacións Amicos e Ambar, cumprindo así outro dos compromisos adquiridos polo Executivo local que dirixe Manuel Ruiz Rivas cos colectivos representativos das persoas con diversidade funcional, no sentido de axudalos non só economicamente senón tamén mediante outro tipo de actuacións dirixidas a favorecer os seus obxectivos estatutarios.
As dúas vivendas, cada unha das cales conta cunha superficie total de 112 metros cadrados (uns 88 metros útiles), están situadas na praza 8 de marzo, na mesma edificación que ocupan os Servizos Sociais municipais (residencial Miradoiro de Padín). Ambas dispoñen de cociña, salón comedor, vestíbulo, corredor, baño e tres dormitorios.
Esta entrega (que está previsto someter á aprobación do pleno no vindeiro mes de outubro) ten como obxectivo favorecer o labor que prestan as dúas asociacións, facilitando que as persoas con diversidade funcional poidan dispoñer dun inmoble axeitado para que as persoas usuarias desenrolen a súa autonomía persoal, aumenten a súa autoestima e fomenten a responsabilidade nas tarefas ocupacionais.
A Creba
Nesta liña de apoio aos colectivos de discapacitados, cabe lembrar tamén que a principios de ano o Concello de Ribeira xa cedera en uso un local situado nas rúas Padre Sarmiento e Abesadas á Asociación Pro Saúde Mental A Creba.
Dende a Área Municipal de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo estivéronse a levar a cabo un bo número de iniciativas nestes primeiros 100 días de lexislatura, entre as que cabe recordar os traballos preparatorios do proxecto do novo mercado municipal, xa moi avanzados; a posta en marcha dun mercadillo os venres en Palmeira, a estrea dunhas novas dependencias para o Departamento de Servizos Sociais, a celebración por primeira vez de actividades específicas para maiores no período de verán ou a activación dun protocolo de limpeza e seguridade viaria no mercadillo dos sábados de Ribeira.
Pode que tamén lle interese:
Servizos Sociais: os vellos das parroquias tamén son xente
Gardería: 74-72: fáltannos un par da promesa!
Ámbar: a toda vela cunha nova embarcación
Obras: comezan as de Romero Ortiz o 22 de setembro
Nova lonxa: este ano non comezan as obras. Só rematan o proxecto
Escolas Deportivas: haberá once. Anótate ata o 30 de setembro!
Lan Party UxíaNet 1.1: do 14 ao 16 de outubro. Só 55 prazas!
Caricaturas de Pepe Núñez: ata o 15 de outubro no auditorio
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario