Isaac Maceiras e o patrón maior solicitaron unha remodelación integral da actual lonxa consistente no acondicionamento interior e exterior da mesma, así como a instalación dunha estación de subministro de combustible
A Pobra do Caramiñal, 23 de setembro de 2010.- O presidente do ente público Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde do concello de A Pobra, Isaac Maceiras, e o patrón maior, Manuel Maneiro, para tratar diversos asuntos relacionados coas instalacións portuarias de A Pobra do Caramiñal.
Na reunión celebrada esta mañán en Santiago, Isaac Maceiras, ao igual que o patrón maior, solicitaron unha remodelación integral da actual lonxa, consistente no acondicionamento interior e exterior da mesma. Unha petición que segundo manifestou, Manuel Maneiro, foi solicitada nos últimos anos pola confraría de pescadores, sen resposta. Outra das demandas foi a referida á instalación dunha estación de subministro de combustible para o porto consistente en surtidores de gasoil e gasolina.
No referido a edificacións no porto, a confraría solicitou ao presidente de Portos, a posibilidade de construír unha serie de departamentos, aínda sen determinar o número, para pertrechos dos armadores, nunha petición tamén longamente demandada e necesaria para os mariñeiros. Finalmente, solicitaron tamén o concello e a confraría, a posibilidade de substituír a actual entrada ao porto comercial, por outra pilotada, de tal xeito que poidan pasar as correntes e así recuperar os areais dos bancos marisqueiros.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario