23.9.10

A Pobra do Caramiñal: aproban por unanimidade no Parlamento un plan de erradicación e control de verteduras industriais neste concello

O parlamento galego aprobou por unanimidade a proposta socialista incorporando as aportacións do Grupo Popular

Verteduras en Os Areos que denunciaron os socialistas no seu día

A Pobra do Caramiñal, 23 de setembro de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, defendeu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento unha proposición non de lei co obxecto de que “a Xunta de Galicia implemente un Plan de Control e Erradicación dos Vertidos do concello da Pobra do Caramiñal, co obxecto de evitar o evidente dano que se lle está causando ó medio ambiente e á economía da zona, principalmente a relacionada co sector pesqueiro - marisqueiro e co turismo.

Lage Tuñas dixo que “traballar por Galicia significa preservar o territorio, a saúde dos nosos ríos e das nosas rías, e para iso precisamos que se faga cumplir a lexislación ambiental evitando situacións escandalosos coma a do río morto en a Pobra do Caramiñal”.  Dende o PSdeG-PSOE defendeuse hoxe por parte do deputado Lage Tuñas que “a Xunta de Galicia implemente un Plan de Control e Erradicación dos Vertidos do concello da Pobra do Caramiñal, co obxecto de evitar o evidente dano que se lle está causando ó medio ambiente e á economía da zona, principalmente a relacionada co sector pesqueiro - marisqueiro e co turismo.”

A maiores o deputado socialista propuxo tamén que o parlamento acordase pedirlle á Xunta de Galicia “ executar á maior brevidade posible as actuacións necesarias, a partir do plan de Saneamento da Ría de Arousa, para frear o deterioro que está sufrindo o medio ambiente e a economía da zona”.

Lage Tuñas tamén propuxo facer cumprir no concello de A Pobra do Caramiñal a lexislación ambiental en materia de vertidos industriais para favorecer un desenvolvemento económico sostible e onde convivan a producción industrial e a protección ambiental.

Os veciños da Pobra do Caramiñal está sufrindo un ataque permanente á saúde dos seus ríos e da ría de Arousa pola pasividade do goberno municipal, o que ten consecuencias indesexadas para a poboación. Fai moitos meses os socialistas galegos denunciábamos unha vez máis a existencia de vertidos de orixe industrial procedentes do Polígono de A Tomada.”


Os veciños da Pobra do Caramiñal veñen denunciando que os vertidos son continuados, non se trata de unha cuestión puntual, senón que se teñen detectado todo tipo de produtos químicos que incluso queiman as colleitas.” “Cabe recordar tamén as reiteradas denuncias feitas a propósito dos vertidos procedentes de A Baiuca e que teñen contado co amparo da institución do Valedor do Pobo pero que a día de hoxe seguen sen ter solución”, argumentaba hoxe Lage Tuñas.

“Existe un falta de conciencia absoluta por parte das autoridades ó non ter en conta o dano irreparable que se lle causa ao medio ambiente, ademais dos prexuízos económicos que pode ter para os mariscadores e mariscadoras.” “Por outra banda os vertidos continuados están ameazando permanente a saúde do río Morto de A Pobra. En diferentes ocasións nos últimos meses os veciños da zona se teñen queixado de como o cauce do río Morto se tingue de branco, vermello ou incluso negro, e o olor da zona vólvese nauseabundo, tal e como foi denunciado no pasado mes de abril diante das autoridades locais.” expuso o deputado José Manuel Lage.

“Entendo que é preciso actuar de xeito decidido para preservar a ría de Arousa e a saúde dos ríos e cauces fluviais existentes na Pobra do Caramiñal, e neste caso a Xunta de Galicia debe activar con urxencia os mecanismos necesarios para poder frear esta desfeita ambiental.

A Xunta de Galicia debe traballar para facer compatible o desenvolvemento económico, a través das industrias asentadas na zona, co respecto ó medio ambiente e ó cumprimento da lexislación ambiental.”

______________________________________________________

ACORDO PARLAMENTARIO A PARTIR DA PROPOSICIÓN NON DE LEI DO PSdeG-PSOE e COAS APORTACIÓNS DO GRUPO POPULAR
________________________________________________________________

O PARLAMENTO GALEGO INSTA Á XUNTA DE GALICIA A:

1.-Intensificar a aplicación do Plan de Control e Erradicación de Vertidos da ría de Arousa, para favorecer o seu cumprimento, e impulsando un novo Plan de Vixiancia Ambiental de Vertidos Industriais no concello de Pobra do Caramiñal.

2.-Executar á maior brevidade posible as actuacións necesarias, a partir do plan de Saneamento da Ría de Arousa, co obxecto de evitar o evidente dano que se lle está causando ao medio ambiente e á economía da zona, principalmente a relacionada co sector pesqueiro.marisqueiro e co turismo.

3.-Facer cumprir no concello de A Pobra do Caramiñal a lexislación ambiental en materia de vertidos industriais para favorecer un desenvolvemento económico sostible e onde convivan a producción industrial e a protección ambiental.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical