Lauda do peregrino en Santa María a MaiorNoia, 23 de setembro de 2010. A última nota de prensa da Xunta de Galicia sobre actividades dos Portos Xacobeos, unha iniciativa totalmente improvisada e inconexa que aparece e desaparece da programación cultural da Xunta como por arte de maxia, volve ignorar a Noia como Porto Xacobeo. Logo de todos os esforzos dos empresarios da vila e mesmo dos políticos -incluso o alcalde chegara a peregrinar a Compostela baixo o lema Portus Apostoli e na Feira Medieval escolleuse como subtítulo do cartel o latinaxo "Portus Apostoli in Ani Santi Iacobi MMX"- Noia segue sen ter unha programación cultural de seu baixo esta denominación.
Ponte de Betanzos, que tamén é Porto XacobeoO anuncio da programación do Porto Xacobeo de Betanzos de hoxe recolle un apartado que di así:
"Portos Xacobeos
Esta aportación ao fenómeno Xacobeo supón unha gran oportunidade para dar a coñecer por primeira vez a vinculación dos portos cos diferentes Camiños, nunha aposta por favorecer o coñecemento das nosas instalacións portuarias. Tamén se aproveita a oportunidade que nos ofrece este ano Santo para achegar a realidade sociocultural dos municipios galegos tanto aos seus habitantes coma aos seus visitantes. En total, 15 portos forman parte deste programa que engloba cinco Camiños de Santiago: o do Norte, Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Portugués e ruta Marítima de Arousa. Os portos distinguidos como Portos Xacobeos son os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira".Como se pode observar, Noia non aparece, a pesares do anuncio da mesma Xunta de Galicia o 12 de xuño, no que recoñecían, logo de que así llo fixeran ver varios historiadores e das protestas do empresariado, que "a súa vinculación coa ruta marítima xacobea así o demostra, pois segundo contan as crónicas, foi un dos portos máis importantes de Galicia". Agás unha exposición con trece cadros de artistas contemporáneos (Iacobus Gallaecia) que recalou na vila, a Xunta non programou nada máis nesta vila da súa amplísima oferta cultural deste ano 2010. Por haber, nin houbo feira do libro (e este ano é o Ano do Libro e da Lectura en Galicia, tamén segundo a Xunta). Para máis, unha actividade que está consolidada e medrando cada ano en número de espectadores como é o Certame de Curtas "Vila de Noia", tampouco a apoian ou a inclúen en "Xacobeo Filme", mentres que a outras localidades que aínda van polas primeiras edicións, si que as patrocinan. Antes publicamos:
Portus Apostoli: Noia, por fin nomeada Porto Xacobeo
Porto de Compostela: a canción de Los Tamara que non escoitaron na Xunta
Protesta: o 21 de maio, marcha nocturna reivindicando o Portus Apostoli
Porto Xacobeo: o Psoe pide ese estatus para Noia no Parlamento
Cinema: Xacobeo Filme patrocina 11 festivais. Noia, fóra de novo
Historia: 8 de xuño de 1147, arriban 200 naves dende Inglaterra
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario