23.9.10

Boiro: o luns 27 comeza un curso para empresarios sobre turismo accesible para atender a cegos

Boiro, 23 de setembro de 2010. O luns 27 de setembro dará comezo o Curso de Turismo Accesible para a atención personalizada a persoas con diversidade funcional visual (o que os nosos avós chamaban cegos). Este curso vai  destinado a empresarios do sector turístico da comarca e Técnicos de Turismo de cada concello.

Hai 20 prazas dispoñibles e preferentes para os empresarios que están traballando en rede (empresas participantes na Ruta do Mexillón, nos bonos de turismo rural e nos bonos gastronómicos) pero aquelas prazas que non se cubran  quedarán a disposición de empresarios da comarca que, a pesares de non traballar en rede, poidan estar interesados.

O curso dará comezo o luns 27 ás nove da mañá no Centro Social e vaise dividir en 2 partes: 1 parte teórica e 1 parte práctica. Na parte teórica definaranse os tipos e características da discapacidade, tratamento a unha persoa cega, o can guía,etc.

A parte práctica vai consistir en vivenciar en primeira persoa as trabas coas que se pode atopar unha persoa cega cando chega aos establecementos. Para elo visitarase un restaurante, unha casa de turismo rural e a Ruta do Mexillón.

Ao remate do curso terá lugar un foro con todos os participantes co obxectivo de extraer un informe de Boas prácticas na atención a persoas con diversidade funcional visual en Arousa Norte.

As inscripcións poderán realizarse na Mancomunidade de Municipios Arousa Norte no teléfono 981 845 236.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical