23.9.10

Rianxo: o Bng di que hai unha "constante perda de subvencións da Xunta" no Concello

A última para apertura de centros educativos fóra de horario que pasou de ter 37.000 euros no 2009 a nin sequera solicitarse neste 2010.


Rianxo, 23 de setembro de 2010. Os nacionalistas pediranlle explicacións ao alcalde, o socialista Pedro Piñeiro, polo que eles consideran "constante perda de subvencións da Xunta" por parte do municipio rianxeiro.

Dixeron que á de apertura de centros educativos, "que nin se solicitou", engádese "a perda de subvencións para alfabetización de adultos (polas deficiencias do proxecto), a contratación de auxiliares de policía no verán (por presentarse fóra de prazo), actuacións en parques infantís, adquisición de material de limpeza e todoterreno (tamén supostamente fóra de prazo segundo se puxo de manifesto no último pleno ordinario de setembro). Son moitas as carencias nuns anos complicados de financiamento local e cremos que non podemos permitirnos o luxo de asumir sós desde o concello determinadas actividades e servizos. Por iso asistimos con preocupación a un constante fluír de problemas na presentación de axudas que reflicten a falta de seguimento do executivo e que derivan en eivas considerábeis para o concello".

O BNG pedirá que se poñan as pilas no executivo desde as diferentes áreas do concello e que os concelleiros das diferentes áreas afectadas por estes problemas de xestión de subvencións asuman as súas responsabilidades para conseguir fondos adicionais para o mantemento de actividades, servizos e adquisición de equipamentos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical