En total, participaron oito profesionais procedentes do municipio barbanzano, dos cales a metade son compoñentes do Grumir riveirense e a outra metade voluntarios de Protección Civil. Tamén se deron cita un nutrido grupo de persoal de Enfermería do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e outros profesionais que traballan en corpos de emerxencias e asistencia sanitaria na nosa comunidade.
No transcurso do curso, os membros da expedición ribeirense aprenderon anatomía e electrofisioloxía básica do corazón, como realizar unha reanimación cadiopulmonar tras un paro cardíaco, coñecemento teórico e práctico dun DESA Desfibrilador Semiautomático Externo, desatrancamento de vías aéreas e outras situacións de risco vital para persoas.
Esta acción formativa está acreditada polo Centro Oficial de Entrenamento - Asociación Española de Emerxencias AEM 112, e homologado a nivel internacional pola AHA (American Heart Association).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario