Pola tarde, un responsable do Ministerio de Medio Mariño verá in situ o anaco de escolleira que se vai retirar da ríaNoia, 23 de marzo de 2011. A febre inauguradora dos políticos segue estes días, desta volta por Noia. No día de hoxe tocoulle á aula Cemit de Noia, un moderno telecentro no que se investiron 120.000 euros para poder impartir cursos relacionados coas novas tecnoloxías. Integrouse no antigo local do casino de Noia (rúa Rodríguez Cadarso) grazas a un convenio con NovaCaixaGalicia. O inaugurador oficial foi o Director Xeral de Medios da Xunta, Alfonso Cabaleiro, ao que acompañaron o alcalde, Rafael García, e Felícitas Rodríguez, xefa do Servizo de Programación Multimedia. Para probar as súas potencialidades fíxose unha videoconferencia co tenente alcalde de Tui, Antonio Castro. O lugar está dotado con 20 ordenadores, ten despacho, almacén, aseos e instalacións arranxados para persoas con diversidade funcional e poderá ser empregado por asociacións e colectivos que o soliciten. Se quere saber máis sobre as aulas Cemit, están as webs http://cemit.xunta.es e http://cmg.xunta.es
Este xoves, 24 de marzo, o director xeral de Xuventude e Voluntariado será o inaugurador oficial da obra da Casa da Xuventude de Noia, segundo nos comunica a súa directora, Almudena Suárez. O acto será sobre as once e media da mañá.
Visita á escolleira que se vai retirar
Por outra banda, tamén este xoves 24 de marzo, xa pola tarde, haberá unha visita do director xeral de Sostibilidade da Costa e o Mar para coñecer de primeira man as obras de recuperación ambiental realizadas na costa noiesa e ver in situ o lugar onde van comezar os traballos de retirada da escolleira. Acompañará ao director xeral citado, Pedro Antonio Ríos, o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro.
Casa da Xuventude

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario