No que respecta a accesibilidade temos unha nova positiva e outra negativa.
O negativo é os problemas de accesibilidade que ocasiona o adoquin e o seu encontro coa pedra na obra da Carreiriña. na parte da Porta da Vila solucionouse parcialmente elevando a canle de auga, pero está pendente de solucionar no resto de pasos de peóns. (Polo menos o bo tempo xa permitiu botar a primeira capa de asfalto).Na parte positiva está o comezo das obras do ascensor e adaptación de aseo para discapacitados, no edificio do Curro onde se atopan os Servizos Sociais Municipais e a Oficina do Casco Histórico. A Obra está financiada dentro do Plan Provincial de mellora da accesibilidade e conta cun orzamento de 57 mil euros e está sendo executado pola empresa Construccións Ces cun prazo de execución de 120 días.
Unha de cal e outra de area.
Por que é hoxe o Día Internacional das persoas con discapacidade (antigamente Día dos Impedidos?) Miren en http://es.wikipedia.org/wiki/Discapacidad
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario