3.12.09

A Pobra: desfanse os camiños por non coidalos, din os socialistas

Os socialistas da Pobra denunciamos a falta de coidado e  abandono no que se encontran moitos dos camiños municipais. A despreocupación e a deixadez  do equipo de goberno da Pobra, liderado polo Sr. Isaac, está sendo a tendencia xeral do seu goberno.

A preocupación do PP da Pobra céntrase en arranxar o casco urbano, os xardíns Valle Inclán e a praza rebautizada Segundo Durán, aínda que as aldeas carezan dos servicios básicos.

Estamos a denunciar as fochancas do “camiño do Cagulo”, no lugar da Angustia. Este camiño é frecuentado polos veciños da Angustia para achegarse ata a capela da Mercé, pois serve como atallo. Está dotado de alumeado público pero é evidente que está intransitable, especialmente cando chove.

As persoas que teñen o domicilio neste lugar teñen que saír obrigatoriamente a rúa en botas de auga ou con flotador. Unha imaxe de tempos pasados que o goberno do Sr. Isaac debe encauzar.  

Tendo en conta que hai numerosos plans aos que o Concello pode acollerse para dotarse de infraestructuras minimamente aceptables, (plan de cooperación cos concellos, Plan E,  novo FEIL, POS, ...), os socialistas pedímoslle que teñan sensibilidade cas persoas que viven nas aldeas xa que na maioría dos casos os servicios básicos que se prestan no rural son deficitarios.

O camiño do Cagulo necesita unha reparación urxente: pedimos que escoiten aos veciños cando suplican a intervención do Concello para correxir as deficiencias. Está claro que non se queixan de vicio.

Os usuarios do camiño do Cagulo deben estar tremendamente satisfeitos cos servicios que lles presta o Concello, mentres no centro se arranxan rúas que xa están arranxadas e poñen flores, na Angustia, (preto da AC-305) case afogan.

Son as prioridades do Sr. Isaac!!!

(Nota de prensa íntegra do Psoe local de A Pobra do Caramiñal)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical