3.12.09

Rianxo: o Bng denuncia a denegación do acceso a expedentes urbanísticos


Unha solicitude do grupo do BNG de Rianxo de acceso a varios expedientes urbanísticos e acumula un mes de atraso cando a lexislación estabelece de maneira tallante cinco días de prazo.

A lexislación en materia de acceso á información dos concelleiros da oposición non se está a cumprir en Rianxo por canto a petición rexistrada o 27 de outubro co número de rexistro 6397 a día de hoxe,  despois de cumprirse un mes da entrada, aínda non foi satisfeita. É unha mostra dos atrancos sistemáticos que pon o alcalde  responsábel de facilitar o acceso aos expedientes municipais aos concelleiros do BNG. Non é a primeira vez que sucede, negando o acceso á documentación, ou retrasándoa. Algunha outra solicitude leva case un ano sen atender.


Lembramos o Real Decreto 2568/1986 de 28 de Novembro polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais
Artigo 14.- 1.- Todos os membros das Corporacións Locais teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente ou da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función.

2.- A petición de acceso ás informacións entenderase concedida por silencio administrativo no caso de que o Presidente ou a Comisión de Goberno non diten resolución ou acordo denegatorio no termo de cinco días, a contar desde a data de solicitude.

3.- En todo caso, a denegación do acceso á documentación informativa haberá de facerse a través de resolución ou acordo motivado.

As demandas son de obras e expedientes en curso, de interese para poder realizar o seguimento da actividade urbanística do municipio, e fundamentais para a fiscalización da actuación de goberno. Preguntámonos que hai nestes expedientes que xustifiquen o atranco por parte do Alcalde e as trabas que se nos poñen ao BNG.

O BNG de Rianxo quere facer o seguimento de varias obras no casco vello rianxeiro ao detectar que se apuntalaron elementos da estrutura, polo que compre acceder ao expediente que lle nega o alcalde.

 Adolfo Muínhos, concelleiro do Bng de Rianxo

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical