Boiro, 16 de novembro de 2011. A Concellería de Cultura do Concello de Boiro iniciará este xoves 17 de novembro unha actividade de iniciación ao teatro para os mozos e mozas do Concello. Esta iniciativa consiste na creación de dúas aulas de teatro: unha no núcleo urbano de Boiro que se impartirá na Casa da Cultura e a outra no centro social de Abanqueiro. Centro social de AbanqueiroEn cada aula haberá dous grupos: un primeiro grupo de 18.00 a 19.30 h destinado a mozos/as de 10 a 11 anos e un segundo de 19.30 a 21.00 h para mozos/as de 12 a 16 anos. As actividades desenvolveranse dende novembro ata marzo e terán un coste simbólico de 5 euros mensuais.
Os días para a celebración das actividades das aulas de teatro serán: en Boiro, tódolos xoves e en Abanqueiro, tódolos venres. As aulas de teatro combinaran a modalidade Masterclass, cada mes celebrarase un encontro cun actor que lles achegue a súa experiencia neste xénero literario. Máis información e inscricións no Centro Social de Boiro
Actividades do venres 18 de novembro
Este venres 18 de novembro na Casa da Cultura preséntase a obra de teatro infantil (para nenos a partir de seis anos) Frankestein, a cargo da compañía Ghazafelhos. Ofreceránse dúas funcións: a primeira ás 18 horas e a segunda as 20.30.Cata de viñosTamén o venres 18 de novembro ás 20 horas presentarase o curso de cata de viños que impartirá Federica Salvador en novembro no centro social. Na presentación realizarase unha cata para achegar a todos os participantes ao mundo do viño e posteriormente o curso realizarase os días 19,25, 26 de novembro e 2 de decembro en horario de venres de 20 a 22 horas e sábados de 11 a 13 horas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:
Publicar un comentario