16.11.11

Boiro: a Cooperativa Ría de Arousa apúntase á ecocertificación de ameixas e berberechos

  • Financiada por unha fundación americana, é das primeiras pesquerías artesanais de España en subirse a este marchamo

Media_httpfarm4static_rtpty

Boiro, 16 de novembro de 2011. Onte deuse a coñecer que a pesquería de ameixa e berberecho da Ría de Arousa vai entrar na avaliación completa dun programa de certificación medioambiental e ecoetiquetado do Marine Stewardship Council (MSC). Convírtese así, xunto coa de Bueu, que vai ecocertificar as navallas collidas polos buzos, nunha das primeiras pesquerías artesanais españolas en entrar en avaliación e certificación completa do MSC, e nas primeiras pesquerías que operan en augas nacionais en entrar neste programa.

Segundo informou o mesmo MSC na súa web, os pescadores galegos "están liderando a busca de certificación por terceiras partes, demostrando que a conservación do recurso e a pesca sostible son un elemento clave da súa actividade". Unha fundación americana chamada Resources Legacy Fund aportou a financiación para que estas pesquerías entren en avaliación completa.

Cooperativa da Ría de Arousa

Media_httpfarm5static_irvff

A cooperativa da Ría de Arousa captura tres especies de ameixa ( Ruditapes decussatus, Venerupis pullastra, Ruditapes phillippinarum) e berberechos (Cerastodema edule). Os seu máis de 400 membros recolectan a pé empregando o tradicional “sacho” e en pequenas embarcacións mediante o rastro de vara larga”. O marisco recolectado clasifícase a pé de praia,e ponse   especial atención á tallaxe mínima. Capturan sobre 15 toneladas anuais e comercialízanas nas novas instalacións da cooperativa, as cales inclúen punto de venta, con destino da produción ao mercado autonómico galego e a toda España.

Mellora do acceso á certificación para pesquerías con escaseza de datos

As pesquerías utilizarán o Marco de Avaliación de Riscos (RBF nas súas siglas en inglés). Esta metodoloxía permite ás pesquerías con datos limitados ser avaliadas respecto ao estándar MSC e, se o superan con éxito, terá as mesmas oportunidades para asegurar os beneficios de mercado da certificación que xa desfrutaron pesquerías máis grandes con acceso a un número significativo de datos cuantitativos. A metodoloxía RBF esixe un maior nivel de precaución que na avaliación respecto á metodoloxía do estándar MSC, para compensar a deficiencia de datos cuantitativos.

Compromiso coa sostibilidade

Juan José Dieste Rodríguez, presidente da Cooperativa Ría de Arosa de Boiro: “La pesca artesanal gallega, debe apostar decididamente por la sostenibilidad de sus bancos marisqueros. La Cooperativa Ría de Arosa viene trabajando en este sentido desde el principio, ya que forma parte de los objetivos fundacionales de la entidad. Consideramos a MSC como la mejor herramienta para seguir mejorando en la sostenibilidad de nuestra pesquería, que junto con las nuevas instalaciones, nos permitirá mejorar la comercialización a través de la ecoetiqueta del MSC, dejando la puerta abierta a que el canal de restauración local se sume a este proyecto ya que todos los productos que llevan la etiqueta MSC son una garantía para el consumidor”.

Máis información en www.msc.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical