- Presentan unha moción para que non desapareza o Plan Concertado de prestación de Servizos Sociais
- 30.000 euros menos para axuda a domicilio e outros programas este ano
Pobra do Caramiñal, 16 de novembro de 2011.- A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Teresa García, denunciou hoxe que o PP "quere facer desaparecer paulatinamente o Plan Concertado para a prestación de Servizos Sociais a través dos concellos".
García criticou que mentres a conselleira de Benestar promete que “non haberá recortes e en ningún caso afectarán á asistencia domiciliaria” e mesmo comprometía o pago por adiantado, a realidade é que no ano 2010 este Concello obtivo unha subvención polo Plan Concertado por valor de 99.169,96 e para este ano 2011 se abonarán 69.715,95, notificándose a resolución o día 25 outubro cando o servizo xa está prestado. Se no ano 2010 a axuda a domicilio foi subvencionada por 27.139 euros, este ano 2011 percibirase unicamente na Pobra 3.567 euros e 0 euros para programas.
Acusou ao PP de “deixar de lado, abandonados” a centos de persoas dependentes en “situación tráxica” que precisan da axuda pública e apelou á súa “conciencia” e á “obriga legal, moral, constitucional e estatutaria” para prestar estas axudas.
Lamentou que a resposta da Xunta teña sido facer desaparecer programas de axuda a persoas con exclusión social, mentres reducen os programas de axuda no fogar.
Sen Plan concertado non poderían existir os servizos públicos sociais que existen na actualidade, explican os socialistas. "Os recortes que se teñen experimentado están a asfixiar aos concellos, e, o máis importante, a persoas que precisan deste plan para vivir nunhas mínimas condicións de benestar", remata Teresa García.
Relacionada:
Axuda a domicilio en Noia: o pleno, incluso o PP, rexeitan os recurtes
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario