17.11.11

Ribeira: o Concello vai amañar os camposantos de Santa Uxía e Palmeira

Media_httpfarm3static_bvgax

Ribeira, 17 de novembro de 2011. O Concello está dando os pasos oportunos para emprender senllas actuacións de mellora nos dous cemiterios de titularidade municipal existentes, ou sexa, os que están encravados na cidade de Santa Uxía e en Palmeira. 

A primeira das actuacións plantexadas afectará ao cemiterio ribeirense, que a día de hoxe presente deficiencias no estado das fachadas (con desconchóns, pintadas...), deterioro de fiestras, reixas e portas; situacións de encharcamento dun sector do recinto en días de mal tempo, así como a existencia dun tramo do camiño central que non está empedrado, entre outras. 

Case 20.000 euros para o de Santa Uxía

Con fin de dar solución a estas carencias e problemas, o Concello elaborou un proxecto técnico que se pretende executar en breve e que contempla o pintado da fachada principal, a ampliación do empedrado do paseo central (partindo do lugar onde está emprazado o monolito), o arranxo de portas, fiestras e reixas; a implantación dun sistema de drenaxe para canalizar as augas pluviais no sector afectado ou a pavimentación de dúas áreas do cemiterio nas que as sepulturas están colocadas sobre solo de terra. 

O custo de actuación está valorada polos técnicos do Concello en 19.751 euros. 

Aseos no de Palmeira

Máis a posteriori realizarase outra actuación no cemiterio de Palmeira, consistente na instalación de aseos no seu interior, dando resposta así a unha demanda requirida polos propios veciños da parroquia.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical