Con esta obxectivo, técnicos do Concello xa elaboraron os correspondentes proxectos co obxecto de sacalos de inmediato a concurso público.
Polo que respecta ao lugar de Lixó, a actuación prevista ascende a un montante de 171.015,37 euros e ten un prazo de execución de catro meses.
Instalarase unha tubaxe de 1.166 metros de lonxitude de PVC compacto ademais de 36 pozos de rexistro, dos cales 30 irán a 1,70 metros de profundidade e 6 a 2,50 metros.
En canto a Gándara, o importe da obra é de 108.506,99 euros e ten un prazo de execución de dous meses.
A tubaxe que será instalada (tamén de PVC compacto) terá unha lonxitude de 474 metros e colocaranse 16 pozos de rexistro, 7 a unha profundidade de 1,70 metros e 9 a 2,50 metros.
Ambas actuacións están feitas con cargo ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo municipal de augas.
Pode que tamén lle interese:
Tráfico: o alcalde pide seguridade na estrada de Oleiros
Airoas: o obradoiro de emprego cumpre mellor ca os políticos
Obradoiro: dores neuropáticas e fibromialxia. O mércores 23
Xuntos polo Nadal: prazo para anotarse ata o 30 de novembro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario