Ribeira, 14 de decembro de 2012.- Aprenderlle a un compañeiro a xogar ao xadrez ou ao baloncesto, a confeccionar pulseiras ou a adquirir coñecementos en informática son algúns dos intercambios que se puideron observar no día de hoxe no Banco de Tempo Escolar que se desenvolve no Grupo, colexio de Ribeira.
Os 43 rapaces de sexto de Primaria do CEIP O Grupo levaron a cabo hoxe no seu centro escolar unha nova sesión desta innovadora iniciativa, pioneira na comarca, que está promovida dende a Concellería de Igualdade do Concello a través do CIM coa colaboración da citada entidade educativa.
Baixo a atenta mirada da axente do tempo, Herminia Dios, e dos seus respectivos titores, os rapaces de 6º A e 6º B estiveron a compartir unha experiencia na que a moeda de cambio é o tempo que inviste acada un en ensinarlle a un compañeiro algún coñecemento, o que se verá correspondido ao recibir outro en troques.
A iniciativa estase erixir nunha ferramenta moi útil, versátil e innovadora para poder interiorizar entre os cativos valores como a reciprocidade, a confianza e a axuda mutua.
Ademais, constitúe un importante paso para promover un servizo que na súa versión adulta conta con máis dunha vintena de participantes.
Ribeira: programación deportiva e de aventura de Nadal post.ly/9yD60 Ribeira: comezou o novo obradoiro de emprego "Vionta", que remata en xuño do vindeiro ano post.ly/9yW2S Ribeira: falamos con Jacobo Otero, que acaba de publicar a súa segunda novela, "Expediente Othalan". @tele_ateneo certo.es/index.php?page… Ribeira: formalizan o contrato de explotación do matadoiro de Xarás. Dará servizo a Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira post.ly/87FK4
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario