- Son 25 persoas, das cales 7 mulleres e 18 homes
- Entre os seus cometidos estará a construción dun novo local social en Carreira, unha tarefa que sacarán adiante sobre todo os de albanelería e carpintería
Ribeira: falamos con Jacobo Otero, que acaba de publicar a súa segunda novela, "Expediente Othalan". @tele_ateneo certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) December 14, 2012
Alumnado e docentes do novo obradoiro na sesión de inauguración
Ribeira,14 de decembro de 2012.- Un total de 25 persoas (18 homes e 7 mulleres) iniciaron no día de hoxe o novo Obradoiro de Emprego ‘Vionta’: unha iniciativa que se desenvolverá no municipio ata o vindeiro 13 de xuño de 2013.
O arranque do curso contou coa participación do alcalde, Manuel Ruiz, quen se dirixiu ao alumnado e profesorado do obradoiro para explicar cal é a motivación desta iniciativa que ten un dobre carácter formativo e laboral.
Os 25 alumnos (todos eles maiores de 25 anos que estaban en situación de desemprego) están distribuídos en dúas especialidades: fábricas de albanelería (15 alumnos-traballadores: 13 homes e 2 mulleres) e carpintería (10 alumnos-traballadores: 5 homes e 5 mulleres).
O concelleiro de Emprego, o alcalde e a directora, Sandra Pérez
Persoal docente
O persoal docente está conformado por unha directora (Sandra Pérez), un mestre para cada unha das especialidades (Manuel del Río Valiño para carpintería e Juan Carlos Pérez para albanelería), unha titora (Susana Otero), un arquitecto técnico (José Manuel Gago), un mestre de xestión empresarial (Severino Fontaíña) e unha auxiliar administrativo (Elena Fernández).
A principal actuación que está previsto afronten estes alumnos unha vez aprendan o coñecementos necesarios é o inicio da construción dun novo local social e multiusos na parroquia de Carreira. Fabricar equipamento de madeira para espazos públicos ou mobiliario de madeira para departamentos municipais son outros das accións programadas para o semestre.
O alcalde Manuel Ruiz desexoulles unha frutífera experiencia aos participantes e salientou as iniciativas que a instancias do Concello se están levando a cabo para promover o emprego no municipio. Entre elas, este obradoiro de emprego, pero tamén outras accións como a contratación dunha orientadora laboral, a celebración de cursos dirixidos aos emprendedores ou outras iniciativas auspiciadas dende a mancomunidade Arousa Norte.
Así mesmo, avanzou que dende o Executivo e buscando a colaboración do empresariado local se está traballando na elaboración dun novo plan orientado a facilitarlle aos xóvenes o acceso a un primeiro emprego.
Otra burbuja que deberíamos explotar en 2013 es la del Gobierno Abierto. Instituciones que abren un Twitter y dicen que eso es transparencia Ribeira: formalizan o contrato de explotación do matadoiro de Xarás. Dará servizo a Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira post.ly/87FK4
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario