O secretario xeral para o Deporte inaugurou esta competición este mediodía e destacou o alto nivel dos galegos, entre os que está a boirense Rebeca Mariño
Boiro, 30 de xuño de 2010.-O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou, na inauguración do Campionato do Mundo Universitario de Taekwondo a posibilidade dos participantes galegos de conseguir medallas nesta competición. Lete Lasa salientou o alto nivel dos deportistas que representan a Galicia: Estefanía Hernández, da Coruña, Rebeca Mariño, de Boiro, Juan Fernández, de Bergondo, Fernando Rascado, de Vigo, e María Bautista, tamén de Vigo.
O secretario xeral felicitou á Federación galega de Taekwondo pola organización desta competición e subliñou o apoio da Xunta de Galicia á celebración de iniciativas deste nivel na comunidade autónoma. Neste sentido, Lete Lasa destacou que estas competicións promoven a proxección internacional das cidades e pobos galegos e teñen un impacto directo na economía, ademais de supor unha oportunidade para que os deportistas do Centro Galego de Tecnificación poidan ver de cerca a deportistas de gran nivel e achegar as grandes competicións ao público como modo de fomentar a práctica deportiva.
Lete salientou o apoio do Goberno galego á práctica de taekwondo e lembrou que foi en 2004 cando este deporte pasou a formar parte do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Así, o secretario xeral subliñou que neste momento existen tres grupos de adestramento nesta disciplina: tecnificación, rendemento e elite.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario