30.6.10

Cultura: asociacións de Barbanza e Noia participarán na homenaxe a Rosalía o 15 de xullo en Santiago


Entrada, hoxe pechada, ao Panteón de Galegos Ilustres de Santiago

Barbanza-Noia, 30 de xuño de 2010. A Asociación Cultural Altofalante (Ribeira), Barbantia (Barbanza e Noia) e Antrospinos (Taragoña, Rianxo) van participar no acto cívico en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro que organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Tumba de Rosalía, coa estatua de Murguía (seu marido) ao pé, no Panteón de Galegos Ilustres

Segundo contan os organizadores, "é a nosa intención encher un autobús que vaia de Barbanza a Padrón. Logo iríase en tren até Santiago, onde se desenvolverían recitados de poemas da galega universal en distintos puntos da cidade. O acto finalizaría en Santo Domingos de Bonaval, e dende aí volveríamos en autobús ao Barbanza. Aproveitarase o acto para reclamar a apertura do Panteón de Galegos Ilustres, pechado dende fai unhos meses e sen xustificación seria algunha, pola Santa Madre Igrexa".

Toda a información nos documentos adxuntos a esta información. Se quere ver o roteiro en Google Maps, prema nesta ligazón.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical