30.6.10

Ribeira: Torres Colomer e a "segunda xuventude", protagonistas onte no auditorio

Ribeira, 30 de xuño de 2010. O Auditorio de Ribeira acubillou na tarde de onte a clausura do Programa de Dinamización e Promoción Social para os Nosos Maiores que desenvolveu ao longo do curso a Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia. Con tal motivo, máis de 200 maiores déronse cita no salón de actos do recinto municipal para disfrutar da programación organizada polo Departamento de Servizos Sociais, cuxa xefa de servizo, Francisca Vidal, foi a encargada de presentar cada unha das actividades que a compuxeron.

A cita comezou cun vídeo descritivo das diferentes actividades que estiveron adscritas ao Programa de Dinamización: tanto os cursos e talleres realizados no transcurso do ano (en materias como reforzo educativo, estimulación da mente, bailes de salón, música, galego ou restauración de mobles) como as saídas culturais desenvolvidas a localidades como Fátima, A Coruña e Betanzos, Apípolis ou Santiago de Compostela.

A continuación tivo lugar unha exhibición de tangos a cargo dunha ducia de participantes no Obradoiro de Bailes de Salón, un breve recital poético e unha nova demostración musical de alumnos, esta vez cantareiras e pandeireteiras que participaron nos talleres de música realizados en Aguiño, Palmeira e Santa Uxía.

“Segunda xuventude”

Acto seguido chegou o momento das intervencións institucionais de Esther Patiño Rey, quen salientou o éxito deste Programa que xurdiu no ano 2004, e do alcalde José Luis Torres Colomer, quen ratificou o seu compromiso de seguir promovendo novas actividades a prol do benestar e a calidade de vida dos maiores, aos que cualificou de “segunda xuventude”. Por último, tivo lugar a entrega de diplomas aos maiores que participaron nos obradoiros de Reforzo Educativo e de Estimulación da Mente.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical